martes, 26 de mayo de 2015

A nena que verá crecer o seu nariz grazas a una impresora 3D




Tessa Evans naceu sen nariz. Os seus pais irlandeses sabían que a nena viña ao mundo con esa malformación conxénita, coñecida como arrinia e extremadamente rara (47 casos coñecidos no mundo). Durante dous anos, Nathan e Garinne Evans tiveron tempo para converter o trauma en esperanza, e en facer partícipes a todo o mundo grazas á complicidade dos seus médicos e da comunidade das impresoras en 3-D...

En vez de inclinarse polas terapias de reconstrución ata agora coñecidas, que deixan imborrables cicatrices faciais, o doutor Jonathan Britto propuxo aos pais de Tessa unha solución audaz e só posible grazas ás novas tecnoloxías.

Usando un modelo en tres dimensións do cranio da nena, os médicos foron capaces de "deseñar" un implante á medida (fabricado tamén cunha impresora en 3-D) que fai as veces de incipiente nariz e que se substituirá co tempo por outros implantes adaptados ao rostro da nena segundo vaia crecendo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario