lunes, 4 de mayo de 2015

A Antartida





Dende que en 1979 os primeiros satélites artificiais puxeran os seus ollos nela, a Antártida nunca foi tan grande. Segundo a NASA, en decembro de 2013, o xeo mariño que rodea o continente antártico alcanzou a súa maior extensión. Non obstante, tamén nunca como agora, se está derretendo a un ritmo tan acelerado. Por primeira vez dende o fin da última glaciación, a Antártida perde máis xeo do que gaña. De novo, xa sexa en forma de cambio climático ou deterioración da capa de ozono, a acción humana está detrás.

A ciencia ten tan claro que o Ártico se desxea como que a Terra xira arredor do Sol. Coa Antártida non existe o mesmo consenso científico. Por cada estudo sobre un glaciar que se fende, hai outro que destaca a acumulación de nova neve na meseta antártica. E é que todo na Antártida é grande, tamén o debate científico. Cunha extensión case 28 veces a de España, a Antártida acumula entre o 80% e o 90% da auga doce que hai no planeta. A altura media da capa de xeo é duns 2.500 metros, aínda que hai zonas de case 5.000. Se se derretese de súpeto, o nivel do mar ascendería decenas de metros.

Pero a Antártida non é tan uniforme e inmutable como pode parecer na distancia. O cambio climático e a deterioración da capa de ozono están a afectar de forma diferente a unhas zonas e outras do continente. Mentres en lugares da costa oeste, os glaciares que morren no Mar de Amundsen están a adelgazar, no leste, o xeo avanza e elévase. A comezos de século, o balance neto entre perdas e ganancias tendía a ser cero, pero no último lustro o equilibrio está a romper a favor do desxeo en zonas ata agora estables.

No hay comentarios:

Publicar un comentario