jueves, 11 de junio de 2015

O periodismo engañounos sobre o verdadeiro cambio climatico?



O periodismo, advirte Alan Rusbridger, tende a ser como un espello retrovisor: "Preferimos tratar co que xa aconteceu, en vez de mirar o que temos por diante. Damos tratamento preferente" ao que é excepcional e salta á vista", "fronte ao que é algo corrente pero está escondido"

Así xustificaba o xa ex director de The Guardian o seu empeño en levar ata primeira páxina e dende todos os ángulos posibles o que na súa opinión segue sendo a gran materia pendente do periodismo na última década:

"Non sabemos contar o cambio climático, o problema máis incitante que temos ante nós estan a pasar moitas cousas extraordinarias e significativas ao mesmo tempo, pero están a acontecer demasiado lentamente, ou son demasiado invisibles para capturar a atención dun lecto
r que camiña apresuradamente cara ao traballo".


 "The Guardian destacouse sempre pola súa información sobre o medio, temos sete correspondentes ambientais e un equipo de máis de 20 especialistas... Fomos bos contando todo o que pasou, pero non soubemos mirar o suficiente cara ao futuro". 

    Fiel a tradición dos xornais británicos, co tremendo impulso da edición "online", The Guardian embarcouse nos últimos meses nunha campaña sen precendentes: "Keep it in the Ground". O obxectivo non é só informar senón tamén premer ata lograr un compromiso que parece case impensable: queimar tan só unha quinta parte das reservas actuais de petróleo, carbón e gas sabendo que por enriba dos 565 gigatones nos arriscamos a un aumento crítico das temperaturas por enriba dos dous graos.


O xornal británico decidiu sacar á luz os trapos sucios dos combustibles fósiles como parte dunha campaña que ten un obxectivo así de simple: "Facer visible o cambio climático, levalo á portada do xornal e convertelo no que é: un problema inminente".

No hay comentarios:

Publicar un comentario